Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2016/1112-1).

Expediente: IN407A 2016/1112-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento CT Frieiro.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 3 de xuño de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 28 de xullo de 2016 e no BOP do 12 de xullo de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 81 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S que se realizará no apoio nº 44 existente, tipo HVH-15/2500, da LMTA CBL-805B, onde se realiza actualmente a derivada ao CT Frieiro existente (15AGL7) (expediente 6/96) e final no apoio nº 44/1 proxectado, tipo C-FL-16/3000, que se intercalará na LMTA CBL-805B, no tramo entre a derivada ao CT Frieiro existente, que se retirará, e o CT Traba (15AGL8 (expediente 51.439) logo de realizar a E/S no CT proxectado.

– LMTA a 20 kV, de 157 m, condutor tipo LA-56 Al (existente que se retensará), con orixe no apoio nº 44/1 proxectado, tipo C-FL-16/3000, que se intercalará na LMTA CBL-805B, no tramo entre a derivada ao CT Frieiro existente, que se retirará, e o CT Traba (15AGL8 (expediente 51.439) e final no apoio nº 45 existente, tipo HV-15/630, da LMT CBL-805B, no tramo entre o novo CT Frieiro e o CT Traba (15AGL8 (expediente 51.439).

– Novo CT Frieiro compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 49.389,71 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se lle achegará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña