Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 109/2015 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse os interesados que constan no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Conforme o artigo 114 da Lei 39/2015, as resolucións notificadas son definitivas en vía administrativa, polo que cabe interpoñer, conforme o artigo 123 da LPACAP, o recurso potestativo de reposición ante o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro do prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo na orde xurisdicional correspondente. Conforme o artigo 124 da LPACAP, transcorrrido o prazo anterior só se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo e a resolución será inmediatamente executiva, segundo o previsto no artigo 90.3 da LPACAP.

Vigo, 18 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Maymar 21, S.L. (Veresse Outlet Store)

PO 109/2015

Resolución

Ourense

Mariana Paz Carnero (Anamariana)

PO 125/2015

Resolución

Cangas (Pontevedra)

Díaz Tapias, S.L. (Levis Strauss)

PO 106/2015

Resolución

Tui (Pontevedra)

Cuatro Boutique, S.L.

PO 74/2015

Resolución

Vigo (Pontevedra)

Alejandro Costas Fernández (CS82)

PO 08/2016

Resolución

Vigo (Pontevedra)