Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a diversos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente IN661A DXIEM-01/11.

A sociedade AV Serra do Farelo, S.L.U. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do parque eólico Serra do Farelo, promovido pola dita sociedade nos concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de aplicación neste procedemento en virtude da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por seren estes descoñecidos ou por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela/s

Concello

Interesado

Acto que se notifica

3

59

133

Antas de Ulla

Val Agromartín, Dolores Hdros.-Rpte. Hermitas Mosquera

Solicitude de utilidade pública

4

59

134

Antas de Ulla

Telez García, Ángela Hdros.-Rpte. Saludina Telez Otero

Solicitude de utilidade pública

11

59

141

Antas de Ulla

Rivas Fraga Severino Hdros.-Rpte. Ermesinda e Jesús Rivas Quinteiro

Solicitude de utilidade pública

14

59

144

Antas de Ulla

Vázquez Villaramid M. Manuela Hdros.-Rpte. Aurora Vázquez Montes

Solicitude de utilidade pública

15

59

145

Antas de Ulla

Blanco Blanco Emilio Hdros.-Rpte. Méndez Val Ramiro

Solicitude de utilidade pública

23

59

153

Antas de Ulla

Carballo Mosquera, Carmen

Mosquera Carballo, Hermitas

Solicitude de utilidade pública

25

59

413

Antas de Ulla

Blanco Varela, Carmen

Solicitude de utilidade pública

25

59

413

Antas de Ulla

Viñas Blanco, Ángela

Solicitude de utilidade pública

25

59

413

Antas de Ulla

Blanco Varela, Ramona

Solicitude de utilidade pública

25

59

413

Antas de Ulla

Blanco Blanco, Ubaldo

Solicitude de utilidade pública

25

59

413

Antas de Ulla

Fernández Blanco, Francisco Hdros.

Solicitude de utilidade pública