Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do desmantelamento de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) no polígono industrial de Sete Pontes, concello de Vilalba, promovido pola empresa Desguacar Vilalba, S.C. (clave 2015/0045).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de agosto de 2016 relativo ao desmantelamento de vehículo ao final da súa vida útil (VFU) no polígono industrial de Sete Pontes, no concello de Vilalba, promovido pola empresa Desguacar Vilalba, S.C. (clave 2015/0045).

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental