De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de agosto de 2016 relativo ás instalacións de xestión de almacenamento de residuos perigosos no lugar da Caharosa, parroquia de Baio, no concello de Zas, promovido pola empresa Gestión de Residuos Vimianzo (clave 2015/0197).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental