Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de outubro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles comunica aos interesados a resolución de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada pola Resolución do 28 de setembro de 2016.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 20 de outubro de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Cafetería Currumba.

Titular: Eugenia Candelaria Mercado Muñoz.

NIE: X3393525J.

Enderezo: rúa Dolores, 8.

Concello: 15402 Ferrol.

Establecemento: Cafetería Live-3.

Titular: Live Tres y Cuatro, S.A.

NIF: A15112352.

Enderezo: polígono da Gándara-Centro Comercial Alcampo.

Concello: 15407 Ferrol.

Establecemento: Cafetería Mesón Paco.

Titular: Francisco Miras Sevilla.

DNI: non consta.

Enderezo: rúa Dolores, 79.

Concello: 15402 Ferrol.