Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable na falta de lexislación autonómica propia, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 25 de novembro de 2009, da Consellería do Mar (DOG núm. 235, do 1 de decembro), outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 27 de febreiro de 2014.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de José Luis Viñas Morgade da concesión administrativa outorgada a José Ramón Fernández Iglesias da praza de amarre 51C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: José Luis Viñas Morgade.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Resolución: 27 de febreiro de 2014.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Mariano Hernández Marcos da concesión administrativa outorgada a Alfonso Reino Fraga da praza de amarre 38C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: Mariano Hernández Marcos.

Prazo: ata o 23 de outubro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Resolución: 4 de marzo de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Juan Luis Cimas González da concesión administrativa outorgada a José Ignacio Montenegro González da praza de amarre 11A nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: Juan Luis Cimas González.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Resolución: 4 de marzo de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Juan Luis Cimas González da concesión administrativa outorgada a José Ignacio Montenegro González da praza de amarre 12A nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: Juan Luis Cimas González.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 80 m2.

Resolución: 4 de marzo de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de José Ignacio Montenegro González da concesión administrativa outorgada a Ramón Campos Durán da praza de amarre 37C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: José Ignacio Montenegro González.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Resolución: 27 de xuño de 2016.

Referencia: 13-40-07-C-1.

Obxecto: modificación da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico Isla de La Toja con destino á construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa.

Porto: A Toxa.

Concesionario: Club Náutico Isla de La Toja.

Prazo: ata o 21 de maio de 2046.

Taxas: 8.382,51 € en concepto de TODP, o 1 % da facturación anual das instalacións para actividades portuarias, o 2 % da facturación anual das instalacións para actividades non portuarias.

Superficie: 1.403 m2 superficie explanada (zona IEAs); 9.999 m2 superficie lámina de auga (zona E).

Resolución: 27 de xullo de 2016.

Referencia: 13-37-98-C-1.

Obxecto: prórroga da concesión administrativa de explotación das instalacións náutico-recreativas do porto de Pedras Negras outorgada ao Club Náutico San Vicente do Mar.

Porto: Pedras Negras.

Concesionario: Club Náutico San Vicente do Mar.

Prazo: ata o 17 de abril de 2019.

Taxas: 14.931,53 € en concepto de TODP, o 1 % da facturación anual das instalacións para actividades portuarias, o 2 % da facturación anual das instalacións para actividades non portuarias.

Superficie: 1.302 m2 (zona IFH); 372 m2 de lámina de auga (zona D).

Resolución: 22 de agosto de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de David Méndez Vidal da concesión administrativa outorgada a Mauricio López Ugarte da praza de amarre 35D nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: David Méndez Vidal.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 18 m2.

Resolución: 25 de agosto de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de José Luis García Domínguez da concesión administrativa outorgada a Luis García Pérez da praza de amarre 34D nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: José Luis García Domínguez.

Prazo: ata o 8 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 18 m2.

Resolución: 7 de outubro de 2016.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Estefanía Fontán Cuesta da concesión administrativa outorgada a Carlos Fontán Espiño da praza de amarre 31C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Titular: Estefanía Fontán Cuesta.

Prazo: ata o 9 de setembro de 2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia