Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2016.

A Xunta de Goberno Local do Concello do Barco de Valdeorras, en sesión ordinaria do 6 de outubro de 2016, aprobou a oferta de emprego público para o ano 2016, que é a seguinte:

Funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala técnica, técnico de administración xeral (1 praza).

A selección realizarse mediante oposición libre.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de marzo de 2017. O prazo de remate dos procesos selectivos estímase para o 30 de xuño de 2017.

O Barco de Valdeorras, 7 de outubro de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde