Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-45/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-45/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de reparacións, mantemento e reposición dos espazos exteriores nos Colexios Públicos de Educación Infantil e Primaria (CEIP), Centros de Educación Especial (CEE) e Centros públicos de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU). Duración: dous anos prorrogables ata un máximo de catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación 460.000,00 € anuais (IVE incluido).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 7 de novembro de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Área de Economía, Facenda e Administración