Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48356

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 5191-2016, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de outubro actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 5191-2016, promovido polo presidente do Goberno, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso (30 de setembro de 2016), para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, 18 de outubro de 2016

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional