Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48414

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 16/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 16/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rial Ares contra a empresa Hipescar, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 23 de setembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dispoño:

Non procede continuar a presente execución solicitada pola parte executante nos seus escritos do 18 e 19 de febreiro.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así o acorda, manda e asina Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Hipescar, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza