Intentada sen efecto a notificación do emprazamento ao interesado na forma establecida no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible practicala, en cumprimento do citado artigo, mediante este anuncio notifícase a Luis Taboada Hervella, con último domicilio coñecido na rúa Esmorga, 9, 15705 Santiago de Compostela, o presente emprazamento:
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, comunicou a interposición de recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 71/2016, por instancia de Vicente José Calvo del Castillo contra o acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 12.1.2016, polo que se resolve o procedemento de provisión por libre designación do posto de director/a-interventor/a da Intervención Xeral e Asuntos Económicos.
En cumprimento do establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e por considerar que Luis Taboada Hervella pode ter a condición de interesado no procedemento, por medio da presente emprázase para que, se o considera conveniente, poida comparecer como parte no procedemento iniciado, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016
Xosé Antón Sarmiento Méndez
Letrado oficial maior