Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega (procedemento ordinario 0000249/2016).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 0000249/2016, interposto pola Confederación Intersindical Galega, contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 9 de agosto de 2016 pola que se modifican os concertos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos