Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016047AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 14 de xullo de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016047AL-OU a Dilcinea Bessa de Paula e Silva Lopes, con NIE X9676626C e enderezo na rúa Enriqueta Casanova, 5-1B, do Concello da Rúa, en Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a Dilcinea Bessa de Paula e Silva Lopes, con NIE X9676626C, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da mencionada cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 5 de outubro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016047AL-OU.

Interesada: Dilcinea Bessa de Paula e Silva Lopes.

DNI/NIF/CIF: X9676626C.

Último enderezo coñecido: rúa Enriqueta Casanova, 5-1B, do Concello da Rúa, en Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/04.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: cincocentos euros (500 €).