Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47794

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade a relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2016

Título

Obxecto

Data sinatura

Achega económica da consellería

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cortegada para o acondicionamento da praza Campo da Feira.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cortegada, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da praza Campo da Feira.

3.5.2016

164.011,27 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Valga para a realización das obras de construción dun edificio de usos administrativos.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a realización das obras de construción dun edificio de usos administrativos.

3.5.2016

160.000,02 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Beariz para a mellora do contorno da casa do concello en Beariz.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Beariz, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do contorno da casa do concello en Beariz.

6.5.2016

177.681,40 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Riós para o acondicionamento da praza na Trepa.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Riós, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da praza na Trepa.

6.5.2016

161.818,22 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Sober para a remodelación da praza do Concello e da súa contorna.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Sober, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na remodelación da praza do Concello e da súa contorna.

6.5.2016

279.938,25 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Monterrei para a mellora da praza e da rúa Requeixo en Vilaza.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monterrei, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da praza e da rúa Requeixo en Vilaza.

11.5.2016

199.496,74 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Bolo para a pavimentación da rúa Centro no núcleo do Bolo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello do Bolo, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación da rúa Centro no núcleo do Bolo.

11.5.2016

204.733,30 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baiona para a actuación no contorno da praza Victoria Cadaval e no tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porta do Sol, enmarcada na fase II do concurso de ideas Humanización da travesía interior de Sabarís en Baiona.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Baiona, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na actuación no contorno da praza Victoria Cadaval e no tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porta do Sol, enmarcada na fase II do concurso de ideas Humanización da travesía interior de Sabarís, en Baiona.

20.5.2016

1.166.102,73 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cenlle para a mellora dos accesos a Casar do Mato-Esposende.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora dos accesos a Casar do Mato-Esposende.

13.6.2016

14.074,02 €

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Xunqueira de Ambía para a restauración da praza Bispo Carrascosa no contorno da colexiata.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Xunqueira de Ambía, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na restauración da praza Bispo Carrascosa no contorno da colexiata.

13.6.2016

246.784,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Melón para as obras de empedrado do Camiño Real entre os núcleos de Melón e A Ponte.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Melón, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no empedrado do Camiño Real entre os núcleos de Melón e A Ponte.

17.6.2016

267.082,98 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cenlle para a realización das obras de adecuación da praza da igrexa en Trasariz.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle para a realización das obras de adecuación da praza da igrexa de Trasariz.

1.8.2016

18.268,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oia para realización das obras de acondicionamento do contorno da casa consistorial en Santa María de Oia.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Oia para a realización das obras de acondicionamento do contorno da casa consistorial en Santa María de Oia.

22.7.2016

59.036,66 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Curtis para a realización das obras de reforma da praza de España en Teixeiro.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis para realización das obras de reforma da praza de España en Teixeiro.

26.7.2016

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vilalba para a realización das obras de humanización das rúas Lois Peña Novo e acceso á estación de autobuses.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Vilalba para a realización das obras de humanización das rúas Lois Peña Novo e acceso á estación de autobuses.

26.7.2016

99.856,02 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Merca para a realización das obras de urbanización da igrexa do Carme en Entrambosríos.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello da Merca para realización das obras de urbanización da igrexa do Carme en Entrambosríos.

27.7.2016

60.416,86 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Soutomaior para a realización das obras de reforma do parque infantil de Arcade.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Soutomaior para a realización das obras de reforma do parque infantil de Arcade.

22.7.2016

59.717,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Vicedo para a realización das obras de acondicionamento da estrada de Vilela, da estrada Pontellas-Regaedo e da estrada O Covelo-Ruño.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello do Vicedo para a realización das obras de acondicionamento da estrada de Vilela, da estrada Pontellas-Regaedo e da estrada O Covelo-Ruño.

26.7.2016

9.998,66 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Rodeiro para a realización das obras de rehabilitación integral da cuberta e planta baixo cuberta do edificio da antiga Cámara Agraria.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Rodeiro para a realización das obras de rehabilitación integral da cuberta e planta baixo cuberta do edificio da antiga Cámara Agraria.

5.8.2016

59.999,77 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vedra para realización das obras de acondicionamento de espazo público no contorno da estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Vedra para realización das obras de acondicionamento de espazo público no contorno da estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla.

26.7.2016

71.627,41 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baleira para a realización das obras de reforma dos camiños de Vilagarcía de Córneas, Vilarín e Vilauriz.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Baleira para a realización das obras de reforma dos camiños do núcleo de Vilagarcía de Córneas, Vilarín e Vilauriz.

26.7.2016

59.948,18 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Agolada para a realización das obras de humanización da rúa de San Pedro.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Agolada para a realización das obras de humanización da rúa de San Pedro.

27.7.2016

59.999,19 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Guntín para a realización das obras de rehabilitación da estrada do grupo escolar.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Guntín para a realización das obras de rehabilitación da estrada do grupo escolar.

29.7.2016

59.999,98 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mañón para a realización das obras de acondicionamento da praza no lugar da Ponte das Ribeiras do Sor.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Mañón para a realización das obras de acondicionamento da praza no lugar da Ponte das Ribeiras do Sor.

26.7.2016

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Porriño para a realización das obras de humanización da rúa Pontevedra.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello do Porriño para a realización das obras de humanización da rúa Pontevedra.

22.7.2016

201.581,47 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Porto do Son para a realización das obras de humanización da rúa Avellaneda no contorno do colexio.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Porto do Son para a realización das obras de humanización da rúa Avellaneda no contorno do colexio.

26.7.2016

94.100,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Redondela para as obras de humanización do contorno no pavillón polideportivo da Marisma e rehabilitación da avenida Mendiño.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do contorno do pavillón polideportivo da Marisma e rehabilitación da avenida Mendiño.

22.7.2016

160.670,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Foz para a remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña en Foz.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Foz, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña en Foz.

15.7.2016

860.439,97 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco da Estratexia galega da paisaxe.

Establecer as condicións de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para realizar actividades de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre a paisaxe galega, así como a promoción de actividades de colaboración e cooperación en materia de paisaxe, sinaladamente mediante asistencia científica e técnica e intercambio de experiencias con fins de formación e información, coa finalidade de formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía en xeral, e dos técnicos e entidades competentes en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio e a súa repercusión na conformación das paisaxes do presente e do futuro.

26.7.2016

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Trasmiras para a adecuación de espazos públicos no contorno da capela de Escornabois.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Trasmiras, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na adecuación de espazos públicos no contorno da capela de Escornabois.

5.8.2016

237.015,36 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ordes para humanización da rúa Nova.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ordes, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da rúa Nova.

30.8.2016

101.392,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Boiro para creación dun sendeiro na avenida Municipalidad de Avellaneda.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boiro, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na creación dun sendeiro na avenida Municipalidad de Avellaneda.

4.8.2016

113.281,34 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cualedro para a mellora do pavimento e servizos da rúa da Igrexa na Xironda e adaptación do Toural da Feira en Cualedro.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cualedro, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do pavimento e servizos da rúa da Igrexa na Xironda e adaptación do Toural da Feira en Cualedro.

4.8.2016

213.528,11 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ourense para as obras de execución de actuacións na praza e alameda de Covadonga.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución de actuacións na praza e alameda de Covadonga.

5.8.2016

261.714,29 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ribeira para as obras de renovación de beirarrúas e servizos na avenida da Coruña.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na renovación de beirarrúas e servizos na avenida da Coruña.

4.8.2016

199.317,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Cañiza para urbanización da rúa Progreso e do parque da Carballeira.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización da rúa Progreso e do parque da Carballeira.

8.8.2016

126.866,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Portomarín para a mellora, rehabilitación e posta en valor dos espazos públicos: parque público Manuel de Blas, confluencia das rúas do Pelegrín, do Miño e avenida de Sarria; fonte situada na confluencia das rúas do Miño e avenida de Sarria.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora, rehabilitación e posta en valor dos espazos públicos: parque público Manuel de Blas, confluencia das rúas do Pelegrín, do Miño e avenida de Sarria; fonte situada na confluencia das rúas do Miño e avenida de Sarria.

8.8.2016

169.236,86 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Estrada para a humanización das travesías de Vea e da Igrexa.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Estrada, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización das travesías de Vea e da Igrexa.

8.8.2016

169.055,19 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Dodro para a execución das obras de pavimentación do contorno da igrexa Santa María de Dodro.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Dodro, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación do contorno da igrexa Santa María de Dodro.

8.8.2016

98.980,46 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mondoñedo para intervencións nas prazas da Catedral, dos Muíños de Arriba, cruzamento de San Lázaro, de San Juan e de Noriega Varela.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes en intervencións nas prazas da Catedral, dos Muíños de Arriba, cruzamento de San Lázaro, de San Juan e de Noriega Varela.

8.8.2016

180.469,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Moraña para a reparación da cuberta do mercado.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Moraña, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reparación da cuberta do mercado.

8.8.2016

262.793,21 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Friol para a mellora da seguridade viaria na avenida da Coruña e A Reigosa.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Friol, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da seguridade viaria na avenida da Coruña e A Reigosa.

26.8.2016

369.443,29 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Boqueixón para o acondicionamento da travesía en Camporrapado e outros.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da travesía en Camporrapado e outros.

4.8.2016

95.277,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Pino para a instalación de contedores soterrados nas avenidas de Santiago e de Lugo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello do Pino, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na instalación de contedores soterrados nas avenidas de Santiago e de Lugo.

8.8.2016

215.084,45 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Miño para o equipamento multideportivo na Galea, fase II. A Regueira.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Miño, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no equipamento multideportivo na Galea, fase II. A Regueira.

8.8.2016

479.451,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Melide para as obras de reforma e posta en valor do cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Melide, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reforma e posta en valor do Cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago.

8.8.2016

455.932,77 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Padrón que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.

8.8.2016

139.148,18 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Rois para a urbanización e acondicionamento do contorno da igrexa e cemiterio de Oín.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Rois, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización e acondicionamento do contorno da igrexa e cemiterio de Oín.

8.8.2016

102.843,08 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cospeito para a humanización do espazo público urbano na Feira do Monte e Muimenta.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cospeito, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do espazo público urbano na Feira do Monte e Muimenta.

8.8.2016

172.147,07 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Laracha para as obras de melloras e substitución de beirarrúas para o cumprimento das condicións de accesibilidade na rúa Coruña, rúa Pontevedra e rúa Escola, que enlazan coa rúa Epifanio Campo Núñez e o seu encontro coa rúa Eusebio Bertoa Queijo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Laracha, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes en melloras e substitución de beirarrúas para o cumprimento das condicións de accesibilidade na rúa Coruña, rúa Pontevedra e rúa Escola, que enlazan coa rúa Epifanio Campo Núñez e o seu encontro coa rúa Eusebio Bertoa Queijo.

8.8.2016

151.856,93 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cabanas para a mellora de accesibilidade no contorno da igrexa de San Andrés.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cabanas, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora de accesibilidade no contorno da igrexa de San Andrés.

8.8.2016

100.198,22 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para a construción de beirarrúas na zona urbana das Tablas.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oza-Cesuras, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción de beirarrúas na zona urbana das Tablas.

8.8.2016

114.953,78 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cervo para a mellora da accesibilidade da avenida da Mariña en San Cibrao, tramo 1.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cervo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da accesibilidade da avenida da Mariña en San Cibrao, tramo 1.

8.8.2016

98.154,58 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Teo para o acondicionamento de espazo de lecer. Praza Circular dos Tilos.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Teo, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de espazo de lecer. Praza Circular dos Tilos.

19.8.2016

106.191,67 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Piñor para o acondicionamento de Aira en Freás.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Piñor, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de Aira en Freás.

25.8.2016

106.364,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Marín para a humanización da travesía Jaime Janer.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Marín, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da travesía Jaime Janer.

18.8.2016

149.719,16 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Quiroga para a remodelación de espazos públicos urbanos.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Quiroga, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na remodelación de espazos públicos urbanos.

19.8.2016

110.532,48 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oímbra para melloras na rúa da Lama.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oímbra, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes en melloras na rúa da Lama.

19.8.2016

124.012,79 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Grove para o acondicionamento da rúa Socalcos e outras.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello do Grove, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da rúa Socalcos e outras.

19.8.2016

90.587,40 €

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e ENCE Energía y Celulosa, S.A.

Desenvolver e detallar con carácter vinculante os compromisos asumidos por ENCE a través do Pacto ambiental subscrito o 28 de xuño de 2016 entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a entidade ENCE Energía y Celulosa, S.A. e desenvolver o modo e os termos en que estes serán cumpridos.

28.7.2016

Non supón ningunha obriga económica para a Administración da Xunta de Galicia

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación, divulgación, voluntariado ambiental.

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Adega para o desenvolvemento dun programa de educación ambiental que prevé diferentes actuacións de educación e voluntariado ambiental, centradas na conservación de especies e hábitats na xeografía galega e na loita contra as especies exóticas invasoras.

19.5.2016

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para a realización das actuacións: campaña de formación, sensibilización e divulgación da Rede Natura 2000 en Galicia, Grupo de Traballo das Reservas da Biosfera en Galicia, divulgación da Rede de parques naturais de Galicia, exposicións itinerantes e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a realización das actuacións recollidas no convenio: campaña de formación, sensibilización e divulgación da Rede Natura 2000 en Galicia, Grupo de Traballo das Reservas da Biosfera en Galicia, divulgación da Rede de parques naturais de Galicia, exposicións itinerantes e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

27.6.2016

56.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a entidade colaboradora Club Castillo Ulla-Deza.

Acordar a colaboración entre a Consellería e a entidade colaboradora Club Castillo Ulla-Deza para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais.

1.5.2016

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido da conservación da natureza.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actuacións conxuntas no eido da conservación da fauna acuática no Centro Ictioxénico do Veral.

25.5.2016

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a entidade colaboradora Club de Pesca Deportiva Río Deza.

Acordar a colaboración entre a Consellería e a entidade colaboradora Club de Pesca Deportiva Río Deza para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais.

1.5.2016

Sen contido económico