Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 180/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 180/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Daniel Luaces Val contra a empresa Cedelog, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a Jesús Daniel Luaces Val coa entidad Cedelog, S.L., e condeno a ésta a que aboe ao executante a cantidade de 2.567,57 euros en concepto de indemnización e 20.592,39 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que, en caso de non cumprir a presente resolución, esta continuará como execución pecuniaria, polo importe total de 23.159,96 euros incrementados con 2.315,996 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Carolina Nores Díaz, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

A maxistrada-xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma a Cedelog, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza