Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Vimianzo (expediente 2016AAE1897; código 1822/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 26 de setembro de 2016, sobre a modificación puntual núm. 5 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Vimianzo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental