Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dun centro de despezamento de vehículos fóra de uso, valorización de metais e clasificación de envases no parque empresarial de Sete Pontes, no concello de Vilalba (clave 2015/0082).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 26 de setembro de 2016, do proxecto dun centro de despezamento de vehículos fóra de uso, valorización de metais e clasificación de envases no parque empresarial de Sete Pontes, no concello de Vilalba (Lugo), promovido por Jesús Maseda Arias.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental