Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47373

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta entidade para o exercicio 2016.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 21 de xuño de 2016, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2016: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega