Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47371

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, crédito orzamentario 666.667 euros, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO
Subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos
para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos
e ao desenvolvemento e comercialización do turismo cofinanciadas polo Feader

Beneficiario/a

Descrición da actuación

Importe subvención (€)

Sistel-Nor, S.L.

Rutas cicloturismo, ruta dos Sequeiros, ruta Val do Glaciar de Prada, paseos con raquetas pola neve

28.240,45

IN Eventos, S.L.

Deseño, creación, promoción e comercialización de paquetes turísticos temáticos de fin de semana na ría de Arousa: Arousa sensacións

29.330,00

A Fraga da Pena Petada, S.L.

Bosques de Galicia (Natureza): bosques de Trevinca. Turismo astronómico: ceos. Turismo ornitolóxico

2.374,87

CN Travel Incoming, S.L.

Camiño de Santiago, Máis alá do camiño, turismo familiar, turismo senior e produtos innovadores

19.612,20

Bodega Pazo Quinteiro da Cruz, S.L.

Deseño maquetación web «Siente la Camelia». Deseño, maquetación, impresión tríptico. Deseño, producción merchandising corporativo

2.964,00

Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS)

Club de produto náutico

24.355,10

Amare Turismo Náutico, S.L.

Conxugación Camiño de Santiago con Turismo mariñeiro (Mar de Arousa)

15.651,14

Piragüilla, S.C.

Camiño de Santiago e Mar de Arousa en 3 xornadas. Turismo mariñeiro

18.793,87

Total

141.321,63