Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47362

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de setembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 27 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016.

Mediante a Orde do 27 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 10 de agosto), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria convocaron as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

O artigo 15 da dita orde detalla as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para toda a convocatoria pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Galega de Innovación, e establece que os créditos poderán redistribuírse por cada unha das entidades financiadoras entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas polas universidades do SUG ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a complexidade técnica que implica a avaliación destas solicitudes e o escaso espazo temporal que terían os beneficiarios para facer efectivo o gasto, faise necesario redistribuír a dotación orzamentaria prevista para as universidades do SUG no ano 2016 nas modalidades de axuda de grupos de referencia competitiva (GRC), grupos con potencial de crecemento (GPC) e redes de investigación (redes), de maneira que se traspase para a última anualidade de cada modalidade, para facer máis racional e factible a concesión destas axudas. Esta modificación non supón alteración do importe global previsto na convocatoria.

Así mesmo, para as demais entidades solicitantes, en todas as modalidades de axuda convocadas e dada a escasa marxe temporal que hai para facer efectivo o gasto, faise necesario ampliar o prazo de xustificación do gasto no ano 2016 ata o 26 de decembro.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo único. Modificación dos artigos 9, 10 e 15 e do artigo 3 dos anexos I, II e III da Orde do 27 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016, que queda redactado como segue:

No artigo 9 engádese un novo parágrafo a continuación do segundo, que queda redactado da seguinte maneira:

«Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada pola entidade beneficiaria no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, coas condicións específicas que recolle esta orde e coa aceptación expresa (de ser o caso e en función de cada unha das modalidades) dos indicadores de avaliación propostos na memoria descritiva e aquelas outras que se poidan incluír na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, nas modalidades de GPC, GRC e redes das universidades do SUG, as universidades beneficiarias deberán presentar un orzamento axustado á resolución de concesión. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

No artigo 10, engádese un novo parágrafo a continuación do segundo, que queda redactado da seguinte maneira:

«No ano 2016, para as entidades beneficiarias financiadas coas aplicacións 09.A3.561A.781.0 e 09.A3.561A.703.0, a data límite para presentar a xustificación será o 26 de decembro de 2016».

O parágrafo primeiro do artigo 15 queda redactado da seguinte maneira:

«As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia Galega de Innovación, coa seguinte desagregación:

Modalidade

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

2020

Total

Mod. a) GRC

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

0,00

1.875.000,00

1.875.000,00

2.250.000,00

6.000.000,00

Mod. a) GRC

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

50.000,00

125.000,00

125.000,00

100.000,00

400.000,00

09.A3.561A.703.0

50.000,00

125.000,00

125.000,00

100.000,00

400.000,00

Total

100.000,00

250.000,00

250.000,00

200.000,00

 

800.000,00

Mod. b) GPC

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

0,00

1.050.000,00

1.050.000,00

2.100.000,00

Mod. b) GPC

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

35.000,00

70.000,00

35.000,00

140.000,00

09.A3.561A.703.0

17.500,00

35.000,00

17.500,00

70.000,00

Total

52.500,00

105.000,00

52.500,00

 

 

210.000,00

Mod. c) Redes

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

0,00

900.000,00

900.000,00

1.800.000,00

Mod. c) Redes

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

30.000,00

60.000,00

30.000,00

120.000,00

09.A3.561A.703.0

30.000,00

60.000,00

30.000,00

120.000,00

Total

60.000,00

120.000,00

60.000,00

 

 

240.000,00

Mod. d) Proxectos

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

350.000,00

700.000,00

700.000,00

700.000,00

650.000,00

3.100.000,00

Mod. d) Proxectos

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

75.000,00

125.000,00

125.000,00

125.000,00

125.000,00

575.000,00

Total universidades do SUG

350.000,00

4.525.000,00

4.525.000,00

2.950.000,00

650.000,00

13.000.000,00

Total outras entidades

09.A3.561A.781.0

190.000,00

380.000,00

315.000,00

225.000,00

125.000,00

1.235.000,00

09.A3.561A.703.0

97.500,00

220.000,00

172.500,00

100.000,00

590.000,00

Total

287.500,00

600.000,00

487.500,00

325.000,00

125.000,00

1.825.000,00

No artigo 3 dos anexos I, II e III os importes previstos para a anualidade 2016 para as universidades do SUG acumúlanse á última anualidade da modalidade correspondente.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Román Rodríguez González

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López

Presidente da Axencia Galega de Innovación