Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2016/520-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: estrada da igrexa de Dimo nº 5 A, 36612 Catoira.

Denominación: LMTS e novo CT Gondar.

Situación: Catoira.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 125 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio 11 da LMTA derivación a Menda e Gondar e final na LMTS ao CT Fontán, unha vez entre e saia do novo centro de transformación Gondar. Centro de transformación, en edificio de obra, de 250 kVA, RT 20 kV/420 V, situado en Gondar, Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra