Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de setembro de 2016, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución sobre desistencia da súa solicitude de subvención do programa Renove de rehabilitación de edificios e vivendas. Plan 2009-2012.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio quedará supeditado á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de setembro de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O06-RS-0349/15.

Persoa interesada: José Campos Bolaño.

DNI/NIE/NIF: ...402R.

Acto obxecto de notificación: resolución sobre desistencia.