Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 638/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza,

En Santiago de Compostela o vinte e sete de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14.6.2013 tivo entrada no Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación de cantidade presentada por Juan Carlos Pazos Ferreiro fronte a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 27.9.2016, ás 11.30 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega causa xusta que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, darase por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparecese nin alegase causa xusta que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza, no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal, no segundo, darano por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Dar por desistido a Juan Carlos Pazos Ferreiro da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 social-revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso», seguida de «31 social-revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

A letrada da Administración de xustiza