Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/209-1, no concello de Rianxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar; mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA BOI808-CT Barraca 15AAQ7, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2015/209-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/209-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTA BOI808-CT-Barraca 15AAQ7.

Concello: Rianxo.

Predio

Lugar

Titular proposto

Incidencia

Data de levantamento
de acta previa

Hora

2

Salto Lobo

Manuel Carneiro Freire

Notificación infrutuosa

3.11.2016

11.30