Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016051AM-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de setembro de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2016051AM-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A. o contido da citada proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 30 de setembro de 2016

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014, do 18 de marzo)
Beatriz Roca Castro
Xefa do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2016051AM-LU.

Interesada: Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A.

CIF: A15003072.

Último enderezo coñecido: estrada do Balneario, s/n, 27300 Guitiriz.

Proposta de resolución: declaración de non existencia de infracción.