Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47187

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1097/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1097/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Blanco Riveiro contra Los Robles, S.C., Yolanda Beatriz Torres Cancelo, Laureano Robles Viudez e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 22 de setembro de 2016.

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña.

Sentenza: 414/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución contrato 1097/2015.

Demandante: Raquel Blanco Riveiro.

Letrado: Sr. Iglesias Gandarela.

Demandados:

– Los Robles, S.C.

– Yolanda Beatriz Torres Cancelo.

– Laureano Robles Viudez.

Letrada: Sra. Rodríguez Viéitez.

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza nº 414/2016

A Coruña, 22 de setembro de 2016.

Resolución:

1º. Desestimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Raquel Blanco Riveiro fronte a Los Robles, S.C., Laureano Robles Viudez e Yolanda Beatriz Torres Cancelo e, en consecuencia, absolvo esta de toda petición dirixida fronte a ela.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidades debidas exercida por Raquel Blanco Riveiro fronte a Los Robles, S.C., Laureano Robles Viudez e Yolanda Beatriz Torres Cancelo, e en consecuencia:

a) Condeno a Los Robles, S.C., Laureano Robles Viudez e Yolanda Beatriz Torres Cancelo a pagar á traballadora demandante, de forma solidaria, en concepto de salarios debidos polos meses de xullo de 2014 e seguintes ata o 21.5.2015, a cantidade de 12.478,05 euros, así como o 10 % do xuro de demora de tal cantidade.

b) Condeno a Laureano Robles Viudez a pagar á traballadora demandante en concepto de salarios debidos por 10 días do mes de maio de 2015, os meses de xuño e xullo de 2015 e 6 días do mes de agosto de 2015, a cantidade de 3.184,72 euros, así como o 10 % do xuro de demora de tal cantidade.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Los Robles, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza