Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47126

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento do xestor BBDD Oracle.

Anuncio de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento do xestor BBDD Oracle.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

d) Número de expediente: 2016012081 (ref. 2412).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de mantemento do xestor BBDD Oracle.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos contados a partir do 10 de xaneiro de 2017 ou desde a sinatura do contrato se fose posterior a esa data.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50324100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Criterios que non dependen dun xuízo de valor. Ata un máximo de 85,5 puntos desagregados da seguinte forma:

• Oferta económica: ata un máximo de 62 puntos.

• Por unha terceira persoa certificada en Oracle cunha experiencia mínima de tres anos: 10 puntos.

• Por cada ano de experiencia a partir do terceiro e ata un máximo de dez anos e para cada unha das persoas (ata un máximo de tres): 0,5 puntos ata un máximo de 10,5 puntos.

• Mellora dos tempos de resposta: ata 3 puntos desagregados da seguinte forma:

– Tempos de resposta en intervencións de emerxencia non planificadas e non presenciais: 0,5 puntos por cada 20 minutos de mellora ata un máximo de 1,5 puntos.

– Tempos de resposta en intervencións de emerxencia non planificadas e presenciais: 0,5 puntos por cada 20 minutos de mellora ata un máximo de 1,5 puntos.

– Criterios que dependen dun xuízo de valor: ata 14,5 puntos:

• Descrición de metodoloxía de traballo para lograr os obxectivos solicitados no prego técnico: ata 14 puntos.

• Descrición dos mecanismos para a comunicación de incidencias: ata 0,5 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 30.990,00 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 10.330,00 euros. IVE: 2.169,30 euros. Importe total: 12.499,30 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 10 de outubro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde