Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de limpeza das sedes e locais municipais (expediente SEA7/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizos. CPV: 90911000-6; 90919200-4; 90919300-5. Descrición: limpeza das sedes municipais e locais, de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: prezo.

4. Valor estimado do contrato: 583.320,92 €.

5. Prazo de execución do servizo: dous anos. Prórrogas: outros dous anos.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil do contratante: www.concellodobarco.org.

8. Presentación de ofertas: 35 días naturais seguintes á data de envío do anuncio de licitación ao DOUE (data de envío: 10.10.2016) respectando o mínimo de 15 días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil do contratante, de acordo coa cláusula 9ª do prego administrativo.

9. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a cláusula 12ª do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 11 de outubro de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde