Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1039/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1039/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Fluvy Servicios, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolución

Que estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción, contra a entidade Fluvy Servicios, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 145,82 euros, ademais da cantidade de 200 euros en conceptos de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fluvy Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza