Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (539/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 539/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marie Lacassagne contra a empresa Comarca 54, S.C., Enrique Taboada Fidalgo, Lois Taboada Fidaldo, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, José Antonio Taboada Fidalgo, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta por Marie Lacassagne, contra Comarca 54, S.C., Enrique Taboada Fidalgo, Luis Taboada Fidalgo, José Antonio Taboada Fidalgo e Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboarlle á demandante a suma de 7.631,33 euros polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1.108 do Código civil respecto da indemnización (886,86 €) e os do 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (6.744,47 €), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar a súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución. Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza por esta xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública, en Santiago de Compostela o vinte e tres de setembro de dous mil dezaseis. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comarca 54, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza