Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Míguez Torres contra a empresa Autos Lobelle, S.A., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións, auto e Decreto do 29 de setembro de 2016, cuxas partes dispositivas se xuntan:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Míguez Torres, fronte a Autos Lobelle, S.A., parte executada, por importe de 7.500 euros en concepto de principal, máis 517,40 euros en concepto de xuros de demora, máis 801,74 euros que se calculan provisionalmente para gastos e custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente execución da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Autos Lobelle, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Manuel Míguez Torres e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 23 de setembro de 2016 polo cal se despacha execución, con especificación expresa do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, epígrafe final).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Autos Lobelle, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016.

A letrada da Administración de xustiza