Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2016 pola que se sinala a data e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e a súa correspondente captación para a Plataforma loxística-industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

Mediante a Resolución da conselleira de Infraestruturas e Vivenda do 15 de setembro de 2016 (DOG núm. 185, do 28 de setembro) aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e a súa correspondente captación para a Plataforma loxística-industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da Lei 2/2016).

Polo anterior, cómpre fixar a data na cal se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais que resulten de aplicación.

En consecuencia, acórdase:

Convocar e citar os posibles titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación que se efectuará no Concello das Neves (Pontevedra), sito na praza da Cristiandade 1, o día 20 de outubro ás 10.00 horas.

Para os ditos actos deberá terse en conta o seguinte:

– Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose no caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade. Para tal efecto, as persoas interesadas achegarán a certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, na súa falta, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. Se existen cargas deberán comparecer os seus titulares.

– Que se a persoa expropiada non quere aceptar o pagamento ou non presenta títulos suficientes xustificativos do dominio ou existe contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorre algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

– Que para o cobramento do prezo xusto cómpre a comparecencia do interesado por si mesmo ou debidamente representado con poder suficiente, e no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas é necesario a comparecencia de todos eles por si mesmos ou debidamente representados con poder suficiente.

Por existir neste expediente dun único predio con propietario/s descoñecido/s, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, o cal servirá de notificación aos seus propietarios, de conformidade co artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, publicarase a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de edictos dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves e notificaráselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e a súa correspondente captación para a Plisan

Núm.

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Concello

Titular

Enderezo/

localidade

Superficie total

Superficie expropiada

Acta de pagamento e ocupación

Data/Hora

Lugar

01

36034A161001100000WX

161

110

Ceña

As Neves

Descoñecido

Descoñecido

6.540 m2

1.205 m2

20.10.2016

10.00

Concello das Neves

Praza da Cristiandade, 1