Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dun contrato de obra.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) de dous centros educativos na provincia de Pontevedra, expediente ED 29/16-O.

1.1. Adxudicataria: Construcciones Ángel Jove, S.A.

1.2. Importe de adxudicación: 689.709,43 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria