Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de ampliación do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Vigo (Pontevedra) (fase I), expediente ED 6/16-O.

1.1. Adxudicatario: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 1.264.000,00 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

1.3. Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2016.

2. Obra de ampliación do IES de Teis en Vigo (Pontevedra), expediente ED 7/16-O.

2.1. Adxudicatario: Constructora San José, S.A.

2.2. Importe de adxudicación: 1.156.210,58 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

2.3. Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

2.4. Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2016.

3. Obra de ampliación do IES As Mariñas de Betanzos (A Coruña), expediente ED 19/16-O.

3.1. Adxudicataria: Construcciones Ángel Jove, S.A.

3.2. Importe de adxudicación: 90.855,87 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

3.3. Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

3.4. Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria