Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46922

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de outubro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), modificado pola Orde do 27 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anúlase a pregunta número 1 do suposto práctico «opción B» do segundo exercicio do proceso selectivo. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta 21 de reserva. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.3 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Para estes efectos fixamos en dez (10) o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Cuarto. Que de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal