Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46800

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1003/2014).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento deste xulgado do social, seguido por instancia de Marc Adrián Ciprián contra Trans Gar-Ges, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por Marc Adrián Ciprián, representado polo letrado Sr. Fernández García, contra Trans Garc-Ges, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 7.917,14 euros, cantidade que desde a data de formulación da papeleta de conciliación previa (o 14 de xullo de 2014) devindicará, na parte que posúe carácter salarial (4.940,68 euros), xuro moratorio do 10 % e, na parte que posúe natureza extrasalarial (2.976,46 euros), o xuro legal do diñeiro.

Impoño á demandada o aboamento das custas procesuais causadas, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, lle afecten.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación, que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que lle sirva de notificación en forma a Trans Gar-Ges, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 22 de setembro de 2016

O secretario xudicial