Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2016/1231-1).

Expediente: IN407A 2016/1231-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT PAD-807/808/809.

Concello: Padrón.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 810 m (actuacións 1, 2 e 3 LMTS), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na subestación de Padrón e final no apoio A/S proxectado na PAD-807/808/809.

– LMTA a 20 kV, de 41 m (actuación 1 LMTA), condutor tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio A/S proxectado na PAD-807/808/809 e final no apoio existente da LMTA PAD-807/808/809.

– LMTA a 20 kV, de 20 m (actuación 2 LMTA), condutor tipo LA-56 mm2 Al, con orixe no apoio A/S proxectado na PAD-807/808/809 e final no apoio proxectado na derivación ao CT 15PYL1.

– LMTS a 20 kV, de 25 m (actuación 4 LMTS), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no apoio proxectado na derivación na PAD-807/808/809 ao CT 15PYL1 e final no dito CT.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1231-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT PAD-807/808/809.

Concello: Padrón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Lugar: rúa Salgado Araújo.

Cultivo: prado.

Propietario: Andrés Quinta Cortiñas.

Afección de solo en pleno dominio: apoio P-0, m2 9.0.