No DOG núm. 192, do 7 de outubro de 2016, publicouse a Resolución do 26 de setembro de 2016 pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto, do servizo para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona Ourense leste da Comunidade Autónoma, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Advertidos erros no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo ao orzamento base de licitación, IVE e total (punto D.1, 2 e 3 do cadro de características), e unha vez corrixidos estes, publícase o prego de cláusulas administrativas particulares no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=66636
Así mesmo, como consecuencia desta modificación, no punto 4 da Resolución do 26 de setembro de 2016, onde di: «4. Valor estimado do contrato: 126.400 €», debe dicir: «4. Valor estimado do contrato: 132.231,40 €»; e no punto 5 desta, onde di: «5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 126.400 €. Importe total: 160.000 €», debe dicir: «5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 132.231,40 €. Importe total: 160.000 €».
Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 da Resolución do 26 de setembro de 2016, que queda do seguinte xeito:
«Data límite de presentación da documentación e información: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte».
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda