Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para reaxuste de aliñacións.

Por Resolución desta alcaldía, do 29 de agosto de 2016, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións na avenida Rodrigo de Mendoza, número 57-59, redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo e promovido por Manuel Varela Domínguez e/n Vousama, S.L.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o dito estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal se poderán presentar reclamacións ou alegacións.

Vilagarcía de Arousa, 5 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución 1.9.2016)
Tania García Sanmartín
Alcaldesa en funcións