Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación das obras da bancada de Río do estadio municipal de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar a documentación: ata o día 8 de novembro de 2016; d) Número de expediente: 4051-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: execución das obras do proxecto de reforma da bancada de Río do estadio municipal de Balaídos. c) CPV: 45212224-2; d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto; c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 6.777.293,55 euros (IVE engadido).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 5; grupo C, subgrupo 9, categoría 4.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 14 de novembro de 2016; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo. b) data e hora. Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.500 euros.

Vigo, 4 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación