Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2016/071 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é na rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 19 de setembro de 2016

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2016/071

MV Gestión, S.L. e Manuel Casanova Castro

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/106

Sali Florin, Mindra Sali e Florica Sali

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/110

Anghel Marin, Paula Curt e Petre Matei

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/112

Relu Matei e Marga Mariana Porumbaru

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/114

Nelu Salin

Iniciación do procedemento sancionador