Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46655

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de setembro de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Castelao, do concello da Coruña.

A representante da titularidade do centro privado Castelao, do concello da Coruña, solicita a supresión de 1 ciclo formativo de grao superior (CS) de Marketing e Publicidade, e autorización para impartir o CS Transporte e Loxística.

Conforme a Orde do 18 de marzo de 2014 o centro está autorizado para impartir o CS Administración e Finanzas, o CS Xestión Comercial e Marketing, o CS Integración Social e o CS Marketing e Publicidade.

A disposición transitoria única do Decreto 50/2016, do 7 de abril, que desenvolve o currículo do CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, establece que os centros privados con autorización para impartir o CS Xestión Comercial e Marketing se entenderá referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Logo de tramitar o expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o CS Marketing e Publicidade e a implantación do CS Transporte e Loxística, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Castelao.

Código do centro: 15032005.

Domicilio: r/ Sinforiano López, 43.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Mª Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.

2. Composición resultante:

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria