Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a Resolución do 15 de setembro de 2016 pola que se outorga a Acuidoro, S.L. permiso de actividade para a ampliación das instalacións de acuicultura das cales é titular no polígono empresarial de Cuíña en Cervo.

De acordo coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e en cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, que establece que a resolución, no caso de ser favorable, será publicada no Diario Oficial de Galicia, faise pública a Resolución do 15 de setembro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se outorga a Acuidoro, S.L. permiso de actividade para a ampliación das instalacións de acuicultura das cales é titular no polígono empresarial de Cuíña, Cervo (Lugo), coas características que se indican:

– Tipo de establecemento: granxa mariña.

– Titular: Acuidoro, S.L. (CIF B15139785).

– Data de autorización: Resolución do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 38, do 22 de febreiro de 2001).

– Vixencia: ata o 4 de decembro de 2020 (Resolución do 26 de abril de 2011).

– Localización: polígono Industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo (Lugo).

Descrición das obras que se realizarán:

1. Construción dun anexo en planta baixa de 6.183,76 m2 en que agruparán os tanques de aclimatación da planta (nursery) dunha superficie de 3.840 m2. A ampliación farase no extremo leste da actual nave de cultivo de rodaballo e linguado, sen incremento da produción.

2. Construción dun establecemento de engorda de linguado senegalés (Solea senegalensis Kaup, 1858) en circuíto pechado con recirculación da auga, nuns terreos de 24.442 m2, anexos aos da nave de engorda de rodaballo e linguado. As instalacións consistirán en tres edificacións que ocuparán unha superficie de 9.650,55 m2, cun total de 23.339,53 m2 construídos, distribuídos do seguinte xeito:

– Nave de engorda de tres plantas de 6.844,49 m2 por planta, cunha superficie total de 20.533,47 m2. A superficie de cultivo será de 13.802 m2 e a capacidade de produción de 450 toneladas/ano.

– Edificio de planta baixa de tratamento físico e biolóxico das augas cunha superficie de 2.256,06 m2.

– Edificio de planta baixa co sistema de transformación e xeración de enerxía cunha superficie de 550 m2.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 15 de febreiro de 2016. Anuncio publicado no DOG núm. 48, do 10 de marzo de 2016.

Contra a resolución citada, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica