Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan as entidades interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións do expediente de desistencia e indemnizatorio do procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as entidades interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal-Servizo de Xestión Forestal-, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións do expediente de desistencia e indemnizatorio do procedemento de adxudicación da obra 32M26/15 e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

Interesada: Construcciones Boalva, S.L.

Acto de notificación: resolución de expedientes de desistencia e indemnizatorio.

Último enderezo coñecido: rúa do Sol, 10 A, Ourense.

Expediente: procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

Interesada: Trafober, S.L.

Acto de notificación: resolución de expedientes de desistencia e indemnizatorio.

Último enderezo coñecido: r/ Riego de Ambros, 26, 2º esda., Ponferrada, León.