Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2016/69-2, 8378 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma da LMT Viveiro 3. Derivación ao CT 4810 Casanova.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio proxectado tipo FL-CH-2500/17 e final no apoio existente tipo C-2000-12, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no CT proxectado e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo FL-CH-2500/17, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

3. Centro de transformación prefabricado tipo Ormaset, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 171 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo