Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/68-2, 8377 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: adecuación LMTA Vallestrada.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV dirección CT Cedro con orixe na LMT aérea existente dirección Vallestrada e final no apoio proxectado C-3000-12, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV dirección CT Cedro, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado e final nunha conexión coa LMT soterrada existente dirección CT Cedro, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo RHZ1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo