Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión interina dunha praza encadrada dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 181, do 21 de setembro de 2016, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública, para a provisión interina, con carácter urxente, dunha praza do cadro de persoal do orzamento de 2012 prorrogado para o ano 2016 do Concello do Porriño, encadrada dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos e coa titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, que quedou vacante pola xubilación do seu titular producida o pasado día 16 de xullo de 2016, con posterioridade a aprobación da última oferta de emprego público deste concello, mediante a contratación laboral de interinidade. O sistema selectivo é o de concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 21 de setembro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa