Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial de reforma interior PERI-2 no ámbito da AEI-E, Conxo de Arriba.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de xullo de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación puntual do PERI-2 (Conxo de Arriba) no ámbito da AEI-E, promovida por Ríos Sánchez e Hijos Promociones, S.L., sen modificacións respecto da inicialmente aprobada.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 87 e 88 da LSG, o presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, e remitirase a modificación á consellería para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Unha vez producida a inscrición, publicarase a normativa aprobada no Boletín Oficial da provincia, para a súa entrada en vigor.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade