Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 162/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 162/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Amoedo González contra Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., ditáronse resolucións do día da data, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Luis Amoedo González, fronte a Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 13.016,09 euros en concepto de principal (9.692,04 euros de salarios e 3.324,05 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.301,60 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, se é o caso, ata a data da demanda, e, se non paga no acto, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta».

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza